InicioOrientalRibadeoRibadeo solicita unha subvención para a mellora e acondicionamento da escola de...

Ribadeo solicita unha subvención para a mellora e acondicionamento da escola de Ove

O equipo de goberno quere favorecer a imaxe de Ribadeo como destino turístico ligado ao Camiño de Santiago e como lugar de encontro cómodo e agradable para a veciñanza desa parroquia.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello ven de solicitar unha subvención á Xunta de Galicia para proceder á mellora e acondicionamento exterior da Escola de Ove. O investimento total ascenderá a 13.000 euros. O equipo de goberno quere favorecer a imaxe de Ribadeo como destino turístico ligado ao Camiño de Santiago e como lugar de encontro cómodo e agradable para a veciñanza desa parroquia, segundo explicou hoxe o concelleiro de Medio Rural, Marcos Villamil.

O edil ribadense lembrou que “Ribadeo é porta de entrada a Galicia do Camiño do Norte, un camiño de comercio, cultura e peregrinación que conduce a Santiago de Compostela polo norte. O traxecto, duns 16 quilómetros, iníciase na vila de Ribadeo e percorre varias parroquias do interior, entre elas a de Ove”.

Villamil dixo que “ao pé do camiño de Santiago atópase a Escola de Ove, cuxo estado de conservación exterior non é o máis axeitado. Quixemos desde o goberno municipal aproveitar unha convocatoria de axudas que sacou a Xunta para actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño de Santiago”.

O concelleiro de Medio Rural explicou que “por iso, os técnicos municipais elaboraron un proxecto de mellora e acondicionamento exterior da Escola de Ove, por importe duns 13.000 euros e no que pretendemos pintar todo o edificio, reparar a carpintaría exterior, así como unha serie de obras de mellora que consigan o dobre obxectivo de: por unha banda, favorecer a imaxe de Ribadeo como destino turístico ligado ao Camiño de Santiago; e, por outra, a de mellorar a Escola de Ove, como lugar de encontro cómodo e agradable para todos os veciños e veciñas desta parroquia”.

E engadiu: “agardamos pois que sexamos merecedores da maior axuda posible por parte da Xunta para poder executar estas obras a principios deste verán”. Ata a Escola de Ove se desprazaron na xornada de hoxe o alcalde, Fernando Suárez, e concelleiro de Medio Rural, Marcos Villamil.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...