InicioOrientalRibadeoO TSXG desestima a apelación contra a apertura ao público da Illa...

O TSXG desestima a apelación contra a apertura ao público da Illa Pancha en Ribadeo

O TSXG considera que "o acceso libre e público ata a porta do establecemento ha de existir".

Publicada o

- Advertisement -

A Sección Segunda da Sala do Contencioso Administrativo do TSXG ven de desestimar o recurso de apelación presentado pola empresa Eirobra A Mariña SL, concesionaria do Faro da Illa Pancha, presentado contra o Concello de Ribadeo no tocante á apertura ao uso público da porta de acceso ao dominio público portuario da Illa Pancha. O TSXG imponlle tamén ás costas á parte recorrente.

Na sentencia de 15 páxinas recóllese que “o que se está esixindo polo Concello, no mesmo sentido que pola Axencia Galega de Turismo, é que o acceso ao establecemento sexa público, dado que conforme aos artigos 6 e 7 do Decreto 12/2017, así como a lei 11/2007 de Turismo de Galicia, que regulan estes establecementos, os apartamentos son establecementos abertos ao público, o mesmo atópase no centro da illa, e o acceso ha de ser libre nas condicións establecidas polas Leis, polo que o acceso libre e público ata a porta do establecemento ha de existir. De forma que se esixe o mesmo a calquera outra actividade, que neste concreto caso é de hotel e cafetería”.

E engade que “estamos así ante unha actividade cuxo exercicio controla o Concello por ser da súa competencia… e por iso non se pode considerar vulnerado o principio de confianza lexítima”. O TSXG considera tamén que “non se aprecia a existencia de desviación de poder”. E remata indicando que “a aplicación da xurisprudencia precedente ao caso examinado non permite constatar que se incorra coa resolución recorrida na devandita vulneración, ademais de que realmente o fin que se pretende é permitir o acceso público á illa, que ha considerar se conforme a Dereito, polo que o recurso de apelación ha de ser desestimado”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...