InicioOrientalRibadeoBalance positivo do Mercado Solidario para recoller fondos destinados a traer menores...

Balance positivo do Mercado Solidario para recoller fondos destinados a traer menores refuxiados de Ucraína

O mercado celebrouse desde a tarde de Xoves Santo ata o mediodía de onte, Domingo de Pascua, no baixo que ocupaba a Droguería Pulpeiro, fronte á oficina de Abanca.

Publicada o

 As organizadoras do mercado solidario para recadar fondos destinados a unha asociación que trae menores ucraínos a Galicia agradece a colaboración de Ribadeo e a súa xente. O mercado celebrouse desde a tarde de Xoves Santo ata o mediodía de onte, Domingo de Pascua, no baixo que ocupaba a Droguería Pulpeiro, fronte á oficina de Abanca.
As organizadoras quixeron aproveitar estas datas nas que miles de persoas pasaron por Ribadeo para facer unha chamada á solidaridade con estas nenas e nenos de Ucraína, que seguen nese país con importantes necesidades como consecuencia da invasión rusa: “estamos moi contentas coa colaboración de Ribadeo e dos seus visitantes. Recadamos 785 euros nesta ocasión, que xa procedemos a ingresar na conta desta asociación”.
E engaden: “queremos agradecer a cesión do baixo no que realizamos os dous mercadillos solidarios para este asociación que trae menores a Galicia, algúns deles a Ribadeo. E a solidariedade do noso pobo e tamén dos seus visitantes. Toda axuda é ben recibida e é importante para poder achegar o noso gran de area para que estes nenos e as súas familias poden recibir a atención que precisan nestes duros momentos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...