InicioOrientalRibadeoRibadeo acollerá o 8 de maio o Proxecto Camiño do Mar, concello...

Ribadeo acollerá o 8 de maio o Proxecto Camiño do Mar, concello a concello

O presidente da Asociación Camiño do Mar, Manuel Vicente, tivo palabras de agradecemento para as entidades colaboradoras: “queremos agradecer ao Concello de Ribadeo, representado polo seu alcalde, Fernando Suárez, a súa disposición e colaboración ao desenvolvemento do proxecto Camiño do Mar, Concello a Concello, no seu discorrer por Ribadeo, formando parte da primeira etapa".

Publicada o

- Advertisement -

O 8 de maio dará comezo en Ribadeo o proxecto Camiño do Mar, Concello a Concello, que organiza a asociación do mesmo nome e coa que colaboran Acisa e o Concello ribadense.

O presidente da Asociación Camiño do Mar, Manuel Vicente, tivo palabras de agradecemento para as entidades colaboradoras: “queremos agradecer ao Concello de Ribadeo, representado polo seu alcalde, Fernando Suárez, a súa disposición e colaboración ao desenvolvemento do proxecto Camiño do Mar, Concello a Concello, no seu discorrer por Ribadeo, formando parte da primeira etapa. Hoxe mantivemos unha reunión previa para pormenorizar nos detalles do inicio do proxecto o próximo 8 de maio. Nese mesmo encontro estivo o xerente de Acisa, Jesús Prada, a que tamén queremos agradecerlle a súa implicación desinteresada na posta en valor do Camiño do Mar ao seu paso por Ribadeo”.

Vicente sinalou que “a Asociación Camiño do Mar segue traballando na investigación do Camiño do Mar, da divulgación, da promoción e do recoñecemento por parte da Xunta de Galicia”.

O presidente da Asociación organizadora explicou que “a actividade que organizamos consistiría en percorrer todo o Camiño do Mar, desde Ribadeo ata Neda, alí conectar co Camiño Inglés para chegar a Santiago de Compostela. Todos aqueles participantes, que o soliciten terán oportunidade de levar credenciais e ir selándoas, o que dará o dereito á súa chegada a Santiago de Compostela de obter a Compostela. A actividade levaría a cabo todos os domingos a partir do 8 de maio ata chegar a Santiago de Compostela o 24 de xullo. A actividade está estruturada polas propias etapas que conforman o Camiño do Mar”.

Manuel Vicente engadiu que “con esta actividade pretendemos dar a coñecer o percorrido do Camiño do Mar por cada un dos Concellos polos que historicamente discorría o Camiño de Santiago. Dirixímonos a todos os alcaldes dos concellos polos que discorre o Camiño do Mar para que nos apoien facilitando o transporte de volta de cada etapa. É unha achega pequena, pero cunha repercusión grande para facilitar o coñecemento do propio Camiño ao seu paso por cada Concello. Os que se queiran apuntar poderano facer ata o próximo 5 de maio. A forma de realizalo é entrando en: www.caminodelmar.es e enchendo o formulario que aparece aí”.

Desde Acisa Ribadeo o seu xerente, Jesús Pérez, manifestou que “vimos colaborando coa Asociación Camiño do Mar, xa que consideramos que para Ribadeo, o seu comercio e a súa hostalería é moi importante a existencia deste Camiño, pola importancia e repercusión económica que para nosa localidade pode ter”. E lembrou que “deste xeito Acisa creou un selo propio para selar as credenciais dos peregrinos que inicien o camiño, e é punto de venda das mesmas”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...