InicioOrientalRibadeoVisita do delegado do Goberno a Ribadeo onde visitou as obras de...

Visita do delegado do Goberno a Ribadeo onde visitou as obras de rehabilitación do CEIP Gregorio Sanz

O alcalde de Ribadeo, Suárez Barcia, sinalou que “hoxe é un bo día porque temos a unha das máximas representacións do Estado, o delegado do Goberno en Galicia, aquí, en Ribadeo, con estas actuacións que me parecen moi importantes sempre, como é a cortesía e a deferencia institucional de vir aquí, ao territorio, a escoitar e a falar".

Publicada o

- Advertisement -

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, visitou hoxe Ribadeo. Pasou polo Concello, onde asinou no libro de honra, achegouse ao Ceip Gregorio Sanz a supervisar as obras de rehabilitación do inmoble e pasou tamén polo obradoiro de emprego Ribadeo prepara o teu Camiño, que se está a desenvolver na localidade. Xunto a el estiveron o alcalde, Fernando Suárez, así como concelleiros e concelleiras da Corporación Municipal ribadense.

O rexedor dixo que “hoxe é un bo día porque temos a unha das máximas representacións do Estado, o delegado do Goberno en Galicia, aquí, en Ribadeo, con estas actuacións que me parecen moi importantes sempre, como é a cortesía e a deferencia institucional de vir aquí, ao territorio, a escoitar e a falar: a escoitar as nosas reivindicacións, moitas delas históricas, doutros gobernos, que están non caixón desde hai moitos anos e que esperemos que se lles dea un impulso positivo. E tamén a recoñecer e a valorar o que se está facendo, por exemplo neste centro educativo, onde con fondos europeos e a través do Estado, que os transmite á comunidade autónoma para que esta os poida investir aquí, neste concello; é dicir, a coordinación de todos para o ben dos veciños e das veciñas, que é do que se trata”.

Suárez Barcia subliñou que “con este exemplo oxalá poidamos seguir facendo moitas máis cousas por Ribadeo. E ademais vexo que moitos dos asuntos que estamos tratando nestes días é coa coordinación xa non só co Concello de Ribadeo senón dos concellos da comarca co Estado, como para a senda verde do tren mineiro, e tamén dos concellos coa Xunta, para sacar dunha vez esa tubaxe de auga que tanto nos preocupa e que nos afecta a dous concellos e que é necesaria a aposta decisiva, sen dúbida, da Xunta de Galicia para podela sacar de aí e que precisamente o Estado poida converter esa vía verde nunha das máis bonitas e importantes a nivel estatal, que poida traer turismo dunha maneira desestacionalizada ao longo de todo o ano”.

E engadiu que “con estes exemplos educativos e formativos, como vamos ver agora nun obradoiro dual, ao que tamén lle aporta diñeiro o Goberno do Estado á comunidade autónoma para que nos axude aos concellos, con estas iniciativas dá gusto gobernar e intentar ser eficaz e eficiente”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...