InicioOrientalRibadeoRibadeo acolle desde hoxe o encontro internacional de profesores de aprendizaxe sustentable...

Ribadeo acolle desde hoxe o encontro internacional de profesores de aprendizaxe sustentable e eficiente

Un total de 22 profesores de Turquía, Grecia, Italia e España danse cita en Ribadeo.

Publicada o

Ribadeo acolle desde este sábado 16 de maio unha reunión de traballo do proxecto europeo Sustainable Efficient and Socially Inclusive Quality Apprendice Training, no que participa Apaga (Asociación de Profesores de Automoción de Galicia). Un total de 22 profesores de Turquía, Grecia, Italia e España danse cita en Ribadeo.
Durante a mañá deste sábado os socios do proxecto puxeron en común os traballos realizados, presentouse unha guía en formato electrónico e despois foron realizadas visitas a empresas da comarca como Hijos de Ramón Rubal ou Carrocerías Irmáns Rega. Os asistentes coñeceron este sábado Finca Galea, en Alfoz, e Mondoñedo onde visitaron un taller de fabricación de zocas, os museos de Álvaro Cunqueiro, o da imprenta e o de José Varro, ademais da Catedral. Mañá, domingo, os profesores viaxarán pola mañá ata o concello asturiano de Taramundi, onde coñecerán o conxunto etnográfico de Teixois e varios talleres de emprendedores. E pola tarde achegaranse ata A Pontenova para visitar mina Consolo e a Tirolesa das Minas.
As sesións de traballo seguirán o luns nas instalacións de Apaga, en Ribadeo, con varios relatorios. Os asistentes a este encontro europeo visitarán a praia das Catedrais, realizarán un percorrido guiado por Ribadeo e coñecerán as instalacións da hípica La Frontera no veciño concello de Castropol. Este encontro europeo concluirá o luns, 16 de maio, pola noite.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...