InicioOrientalTrabadaA cativada de Trabada xa pode xogar no renovado parque infantil

A cativada de Trabada xa pode xogar no renovado parque infantil

“Era unha reforma moi necesaria, nestes tempos ademais de pandemia", di a rexedora.

Publicada o

- Advertisement -

Os nenos e nenas do Concello de Trabada poden desfrutar desde este xoves, 3 de xuño, do renovado parque infantil da rúa San Roque, despois das obras de reforma realizadas nas últimas semanas.

Os traballos consistiron na instalación dun novo pavimento de absorción de impactos para a zona infantil, a substitución dos equipos para xogos infantis e do cercado de madeira, así como a colocación de paneis informativos.

Era unha reforma moi necesaria, nestes tempos ademais de pandemia nos que temos que impulsar as actividades ao aire libre; o parque está listo desde hoxe para desfrutalo durante o verán”, asegura a alcaldesa de Trabada, Mayra García, nun comunicado.

Financiada pola Deputación de Lugo, esta actuación de renovación integral do parque infantil tivo un orzamento próximo aos 50.000 euros. O espazo conta agora cun carrusel, unha estrutura multifuncional con dous tobogáns (un para nenas/os de 1 a 3 anos e outro de 4 a 14 anos), dous columpios con dous asentos cada un (un dos cales é para nenas/os de 1 a 3 anos) e un balancín dobre. O parque de Trabada está destinado a nenos e nenas de 1 a 14 anos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...