InicioOrientalTrabadaTrabada consegue unha subvención que lle fora denegada pola Xunta para mellorar...

Trabada consegue unha subvención que lle fora denegada pola Xunta para mellorar o saneamento

“No concello estabamos convencidos de que a razón era nosa e a concesión da axuda é unha moi boa nova, xa que servirá para mellorar os servizos das parroquias e, en definitiva, a vida diaria dos nosos veciños” afirma a alcaldesa de Trabada.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada recibiu unha notificación da Xunta de Galicia na que se lle comunica a concesión dunha axuda de 40.359,73 euros para levar a cabo un proxecto de mellora da rede de abastecemento de auga potable nos lugares de Cima de Vila, Vilapercide, Escanarega e Porto do Malle.

O goberno autonómico denegara nun principio a solicitude da subvención, alegando que non se aportara unha documentación que nin tan sequera se requerira por parte da Xunta.

A alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, presentou de inmediato un recurso de reposición ao non estar dacordo con esa decisión, explicando que toda a documentación estaba enviada de forma correcta.

Finalmente, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia deu a razón ao concello, que obtén a axuda. “No concello estabamos convencidos de que a razón era nosa e a concesión da axuda é unha moi boa nova, xa que servirá para mellorar os servizos das parroquias e, en definitiva, a vida diaria dos nosos veciños”, afirma Mayra García Bermúdez.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...