InicioOrientalTrabadaTrabada consegue case 9.000 euros da Xunta para renovar a rede de...

Trabada consegue case 9.000 euros da Xunta para renovar a rede de abastecemento en Vilarbetote

A achega foi concedida despois de que a Xunta de Galicia recoñecese o erro de excluir ao Concello de Trabada das axudas do Fondo de Compensación Ambiental, tal e como reclamou a alcaldesa, Mayra García Bermúdez.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada recibiu unha subvención da Xunta de Galicia de 8.698,08 euros para levar a cabo as obras de reposición dun tramo da rede de abastecemento en Vilarbetote, que presentaba numerosas roturas.

A achega foi concedida despois de que a Xunta de Galicia recoñecese o erro de excluir ao Concello de Trabada das axudas do Fondo de Compensación Ambiental, tal e como reclamou a alcaldesa, Mayra García Bermúdez.

En concreto, o 27 de xaneiro de 2021 a alcaldesa de Trabada enviou un escrito á Dirección Xeral de Administración Local, xa que a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2021 establecía que “será destinada a aqueles concellos que o seu territorio municipal estea dentro da poligonal de delimitación dun parque eólico e aos afectados pola correspondente instalación de conexión ou vía de evacuación”.

O Concello de Trabada ten o parque eólico Cadeira autorizado en data 25 de outubro do 2019 e non constaba por segundo ano consecutivo na relación de concellos que manexaba a Xunta.

Xa na convocatoria do ano pasado non incluíran ao Concello de Trabada e mediante consulta telefónica, dende a Dirección Xeral de Administración Local indicáronlle á alcaldesa “que non incluíran este parque porque tiveran en conta os autorizados antes da data da explotación do mesmo”.

Visto que na convocatoria deste ano tampoco estaba incluído, Mayra García solicitou “que se indique a causa de exclusión e que de ser o caso, se aporte ao Concello de Trabada o crédito orzamentario correspondente das anualidades que correspondera a inclusión na convocatoria de axudas”, adxuntando a autorización de explotación das instalaciónseléctricas relativas ao proxecto denominado Parque Eólico Cadeira, emprazado nos Concellos de Trabada, Riotorto, a Pontenova e Lourenzá.

Efectivamente, a alcaldesa tiña razón e a solución que se propuxo dende a Xunta foi a de asinar “un convenio excepcional de colaboración polo importe da achega que debería ter o Concello con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental na convocatoria na que non nos incluiron”, explica a alcaldesa. “En data 10 de setembro do 2021 asinamos un convenio excepcional para levar a cabo as citadas obras de reposición dun tramo da rede de abastecemento en Vilarbetote”, engade.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...