Rescatan un home ferido cando traballaba cunha escavadora en Trabada

Os xestores do 112 informaron ao GES da Pontenova, aos axentes da Garda Civil e aos voluntarios de Protección Civil de Trabada

Ambulancia do 061 (foto de arquivo). AXM

Os servizos de emerxencia rescataron a home que resultou ferido cando traballaba cunha escavadora nunha zona de monte, na parroquia da Ría de Abres, Trabada.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, foi o persoal sanitario quen lles informou do suceso sobre as 17,45 horas para pedir a colaboración dos equipos de rescate para chegar ao home ferido nunha zona do lugar de Pacios.

Tras iso, os xestores do 112 informaron ao GES da Pontenova, aos axentes da Garda Civil e aos voluntarios de Protección Civil de Trabada. Ademais, co obxectivo de enviar a axuda na maior brevidade, contactaron coa persoa que deu conta dos feitos, o fillo do ferido, para solicitar o envío das súas coordenadas a través dun servizo de mensaxería.

Finalmente, o home foi trasladado ao centro hospitalario de referencia.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here