Trabada animará a súa veciñanza cun amplo programa de actividades para a última fin de semana de abril

“Agardamos que a cidadanía disfrute desta programación, coa que mantemos vivo o espírito tradicional da nosa festa gastronómica”, sinala Mayra García Bermúdez, alcaldesa de Trabada.

Consistorio de Trabada. GOOGLE MAPS

O Concello de Trabada anuncia a programación musical e de ocio para os días 30 de abril e 1 de maio. Nesa fin de semana, Trabada celebra o 3º Aniversario do Centro de Atención aos Maiores (CAM) así como a Festa da Xuventude, ambas o sábado 30. O domingo, 1 de maio, a vila celebra a Festa Gastronómica da Enfariñada.

Dunha banda, o sábado 30 de abril, ás 17:00 horas, a Banda de Música de Ribadeo ofrecerá un concerto como acto conmemorativo do 3º Aniversario do Centro de Atención aos Maiores. Esa noite, ás 23:00 horas, dará comezo a Festa da Xuventude co grupo de música Nueva Fuerza e a discoteca móvil The Sound Project.

Na xornada do 1 de maio celebrarase a Festa Gastrónomica da Enfariñada, con tres actuacións: ás 12:00, pasarrúas a cargo do Cuarteto Tradicional Xaramolo; ás 13:30, concerto do grupo A Tajea, e ás 16:30, actuación de Pepe Vaamonde Grupo.

“Agardamos que a cidadanía disfrute desta programación, coa que mantemos vivo o espírito tradicional da nosa festa gastronómica”, sinala Mayra García Bermúdez, alcaldesa de Trabada.

Con esta festa queremos ademais homenaxear a un dos colectivos que máis sufriu coa pandemia, as persoas maiores. Tamén buscamos ofrecer unha alternativa de lecer á mocidade, privada de moitos momentos de ocio nos últimos dous anos”, engade a alcaldesa.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here