InicioOrientalTrabadaConcellos da Mariña e de Asturias piden a recuperación da Senda Verde...

Concellos da Mariña e de Asturias piden a recuperación da Senda Verde do Ferrocarril

As vías verdes buscan recuperar os trazados inutilizados de tren, converténdoos en sendas accesibles, cómodas e seguras para ciclistas e peóns.

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia; a alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez; o alcalde de San Tirso de Abres (Asturias), Clemente Martínez Rodil e o alcalde de A Pontenova, Darío Campos Conde reuníronse co secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán Fernández, para solicitar a súa colaboración na recuperación da senda verde do ferrocarril. As vías verdes buscan recuperar os trazados inutilizados de tren, converténdoos en sendas accesibles, cómodas e seguras para ciclistas e peóns.

Nesta reunión, os representantes municipais presentaron os proxectos realizados en 2002 e 2010 ao secretario de Estado. Hugo Morán comprometeuse a realizar un novo estudo da situación actual, xa que nos últimos anos os municipios realizaron actuacións nesta senda ou teñen previsto realizalas.

Neste sentido, os representantes municipais coinciden na necesidade dun proxecto que integre os diferentes tramos existentes e complete os restantes para darlle continuidade de Ribadeo a A Pontenova.

O proxecto suporá un trazado de 30 quilómetros, entre Ribadeo e A Pontenova, de vital importancia para o territorio xa que implica unha recuperación medioambiental e un revulsivo económico para a zona. Ademais, trátase dun proxecto interautonómico, ao percorrer Galicia e Asturias.

Unha vez realizado o estudo sobre a situación actual, valoraranse as posibilidades de financiamento, así como as entidades competentes, para coordinar entre todas elas os recursos necesarios.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...