Inaugurado o campamento de verán no Concello de Trabada para este 2022

“Este campamento permítenos favorecer a conciliación das familias de Trabada á vez que fomentamos actividades socioeducativas e de lecer coa infancia”, sinala Mayra García Bermúdez, alcaldesa de Trabada.


Na xornada de onte deu comezo o campamento urbano de verán 2022 do Concello de Trabada. Grazas a esta actividade, un total de 19 nenos e nenas gozarán ata o mes de setembro de propostas de ocio e lecer en horario de mañá. No campamento participa un grupo de cativos e cativas de entre 3 e 12 anos de idade.

Esta proposta busca reforzar a igualdade de oportunidades entre as familias. Así, a iniciativa ofrece unha actividade para a infancia tras rematar o curso escolar, na que se combinan o ocio e a aprendizaxe.

“Este campamento permítenos favorecer a conciliación das familias de Trabada á vez que fomentamos actividades socioeducativas e de lecer coa infancia”, sinala Mayra García Bermúdez, alcaldesa de Trabada.

Ademais, o goberno local está a traballar en actividades dirixidas á rapazada maior dos 12 anos que completen así a oferta municipal.

“Para nós é fundamental responder ás necesidades das familias, con independencia de que teñamos que facelo en solitario, pois hoxe mesmo coñecemos que a Xunta de Galicia non nos concedeu a axuda solicitada para estes programas. Polo que un ano máis teremos que financiar con fondos propios municipais estas actividades de conciliación, ás que se suman os programas de madrugadores ou ludiseráns”, explica a alcaldesa.

Para o goberno local as medidas de conciliación son fundamentais para fixar poboación no rural. “Son unha firme defensora dos servizos públicos, polo que dende que chegamos ao goberno local fixemos unha aposta decidida por atender e prestar servicios a toda a veciñanza”, finaliza a alcaldesa.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here