En Marea anuncia emendas aos orzamentos do Estado se non inclúen arranxos na N-642

Fernán Vello insta a Fomento a incluír nos presupostos partidas para unha reforma integral das vías de titularidade estatal

O deputado de En Marea Fernán Vello. ÓSCAR BERNÁRDEZ

En Marea reclama ao Ministerio de Fomento un plan de reforma das estradas estatais ao seu paso por Lugo e advirte ao titular da carteira, José Luis Ábalos, de que presentará “emendas” de non contar “cos investimentos precisos” nos orzamentos para 2019 para realizar actuacións nos viais en malas condicións.

O deputado do partido instrumental no Congreso dos Deputados, Miguel Anxo Fernán Vello, demandou a Ábalos que actúe de forma “urxente” nos viais de titularidade estatal, como a N-642, que conta -entre Ribadeo e Porto– co tramo máis perigoso de España.

Neste senso, Fernán Vello apremiou ao Goberno central a arranxar dúas destas estradas -a N-640, en Monterroso, e a N-642- que aparecen no informe de EuroRAP como as máis problemáticas do Estado.

En Marea presentou ademais novas iniciativas para acondicionar viais que figuran nun nivel de risco medio dentro dese mesmo informe, como a N-640 desde Pontenova a Meira, a N-120 desde Quiroga á Pobra de Brollón e a N-540 á altura da Barrela.

Fernán Vello alertou da situación “desastrosa” destes viais e lamentou que “os lucenses deben circular por estradas con alto risco para os condutores. Que sentido ten ter infraestruturas se se deixan apodrecer?”, preguntou.

O deputado do partido instrumental sostén que “imos estar atentos aos presupostos e as estradas de Lugo serán parte das nosas preocupacións. De non contar cos investimentos precisos, presentaremos unha batería de enmendas”.

CRÍTICAS AO GOBERNO

O alcalde de Ribadeo, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, xa esixira ao Goberno central medidas días atrás, cando trascendeu o informe. 

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here