O BNG de Viveiro presenta unha moción para esixir á Xunta que reforce atención primaria

Os nacionalistas piden a contratación "dun cuarto médico" na quenda de tarde do centro de saúde ou a dotación de "dous equipos completos" para o PAC

Os representantes do BNG de Viveiro rexistran a moción. AXM

O BNG de Viveiro presentou unha moción para o seu debate no vindeiro pleno municipal, na que insta á Xunta de Galicia a reforzar o persoal no centro de saúde e Punto de Atención Continuada (PAC) viveirense.

Os nacionalistas resaltan que na quenda vespertina “hai 4.714 tarxetas sanitarias, tres médicos e dous cupos”, polo que esixen “a creación dunha cuarta praza médica de tarde”.

Para o PAC, que atende a pacientes de Viveiro, O Vicedo e Ourol, o partido frontista solicita a dotación de dous equipos completos con persoal médico e de enfermería os 365 días do ano.

OUTROS PUNTOS

O aumento do orzamento a sanidade, a eliminación das listaxes de agarda coa contratación de persoal, a recuperación das xerencias de atención primaria, a reversión das privatizacións dos servizos sanitarios ou a supresión dos copagos farmacéuticos son outros dos puntos do documento presentado polo grupo municipal do BNG.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here