Fomento reitera que as obras da N-642 comezarán “antes do verán”

O Goberno central comprométese a manter xuntanzas cos afectados cada tres meses

Xuntanza na sede de Adif. ARQUIVO XORNAL DA MARIÑA

O Ministerio de Fomento insistiu en que as obras de reparación que precisa a N-642 comezarán “antes do verán”. Así o asegurou o secretario xeral de Infraestruturas, Manuel Niño, nunha xuntanza á que asistiu o senador popular José Manuel Barreiro, celebrada na sede da Administración de Infraestruturas Ferroviarias (Adif).

A pouco máis de tres semanas para o 21 de xuño, Niño afirmou que as actuacións na N-642 empezarán antes do verán e que Fomento avanzará nos pasos para a construción da A-74, que unirá Barreiros e San Cibrao. O treito Barreiros-Foz está en redacción, segundo o representante do Goberno central, que asegurou que para este fin hai destinados tres millóns de euros nos actuais orzamentos do Estado, e que no 2019 haberá outros 30.

A POUCO MÁIS DE TRES SEMANAS PARA O 21 DE XUÑO, URXE UNHA REPARACIÓN

O secretario xeral de Infraestruturas comprometeuse a manter unha xuntanza de seguimento cos afectados cada tres meses. A primeira delas será a finais do verán.

15.000 USUARIOS, SEN ALTERNATIVAS

A estrada N-642, que vertebra a comarca da Mariña, soporta un total de 11.000 automóbiles diarios, unha cifra que aumenta a 15.000 en verán, segundo os datos do Ministerio de Fomento. Pola cantidade de tráfico que soporta, pola ausencia de alternativas satisfactorias -como liñas frecuentes de tren ou o autobús- e polo seu deficiente estado, a reparación é urxente.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here