InicioPolíticaClemente Iglesias aspira a revalidar maioría absoluta para o PP en Riotorto

Clemente Iglesias aspira a revalidar maioría absoluta para o PP en Riotorto

Alcalde desde 2015, o alcaldable conservador asegura que centrará os seus esforzos en dotar de solo industrial "ás empresas que queiran asentarse"

Publicada o

- Advertisement -

Clemente Iglesias repetirá como líder da candidatura do Partido Popular (PP) ao Concello de Riotorto co obxectivo de revalidar a maioría absoluta acadada nos comicios do 2015.

É a terceira ocasión na que o actual rexedor popular encabeza a lista no seu municipio natal. No 2011 viuse relegado á oposición a falta de tres votos para a maioría absoluta.

Iglesias, que traballou como funcionario municipal ata 2015, explica que “o polígono industrial, trala aprobación do inicio dos trámites por parte do consello de administración de Suplusa para formalizar un convenio co Concello, atópase en fase de presentación do proxecto de urbanización”.

Así, o candidato popular asegura que, de gañar os comicios, seguirá centrando o seu esforzo en dotar de solo industrial ás empresas interesadas en asentarse en Riotorto. Ante un último paso, o de ser aprobado polo Pleno, sairían á venda once parcelas que se entregarían aos interesados con todos os servizos de saneamento e abastecemento.

“MELLORES SERVIZOS”

A presidenta do PP na provincia de Lugo, Elena Candia, asegura que o municipio “veu mellorados nos últimos anos os seus servizos e atendidas as demandas da súa veciñanza, demostrando que a mellor opción para Riotorto é sen dúbida o Partido Popular”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...