O PP de Burela reclama un patronato cultural municipal

Os populares instan ao goberno local a presentar uns estatutos nun prazo de tres meses

Casa da cultura de Burela. AXM

O PP de Burela presentou unha iniciativa para debatir no pleno deste mércores para instar ao goberno local a que “nun prazo de tres meses presente na sesión plenaria uns estatutos para a creación do Patronato Municipal de Cultura”.

Para o grupo municipal popular, a programación cultural do Concello está centrada “en actos de pago de entrada” e “esquece outro tipo de manifestacións artísticas, como a potenciación da sala de arte ou o apoio a grupos musicais locais”.

CORPORACIÓN E ASOCIACIÓNS

O patronato, segundo recalcan os populares, “estaría composto por representantes da corporación e dos colectivos culturais”, co obxectivo de “fixar programacións máis abertas, asesorar en materia de bases de subvencións e marcar pautas para a potenciación de determinados ámbitos da cultura local, como a escola de música”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here