InicioPolíticaFeijóo arroupará ao candidato de Burela nun mitin o vindeiro sábado

Feijóo arroupará ao candidato de Burela nun mitin o vindeiro sábado

O presidente da Xunta e maila presidenta provincial do PP, Elena Candia, apoiarán a Manuel Rouco nun acto no que tamén participará o candidato ao Congreso por Lugo, Jaime de Olano

Publicada o

- Advertisement -

O presidente da Xunta de Galicia e do Partido Popular a nivel autonómico, Alberto Núñez Feijóo, e a presidenta provincial do PP, Elena Candia, arrouparán ao candidato dos conservadores á alcaldía de Burela, Manuel Rouco, nun mitin que se celebrará o vindeiro sábado 6 de abril, a partir das sete e media da tarde, no salón de actos do local da Asociación de Armadores de Burela (ABSA).

Tamén intervirá o cabeza de lista dos populares lucenses ao Congreso dos Deputados, o viveirense Jaime de Olano, que explicará aos participantes as medidas que dende o PP defenderon na Cámara Baixa durante a última lexislatura en relación á comarca da Mariña Lucense.

Os populares participarán previamente nun encontro de confraternidade con afiliados e simpatizantes da zona.

POLÉMICA

Rouco, enxeñeiro agrónomo de 42 anos que sucede a Chema González Barcia como candidato do PP en Burela, viuse envolto en polémica semanas atrás, cando o PSOE o acusou de exercer irregularmente como xuíz de paz de Cospeito ao incumprir as obrigas de residir no municipio e de carecer de afiliación política.

O alcaldable popular renunciou voluntariamente ao cargo e censurou aos socialistas por “insinuar” que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que o nomeou para o cargo, “prevaricou”. 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...