Martínez presenta lista en Burela, que liderará Carlos Peinó Castro

Susana Fernández López e Ángel Rodríguez Martínez serán os números 2 e 3 da candidatura de Galicia Sempre no municipio burelao

Manuel Martínez. ÓSCAR BERNÁRDEZ/LUGOXORNAL

EFE. O alcalde de Becerreá, deputado non adscrito e presidente de Suplusa, Manuel Martínez, anunciou que finalmente o partido que vén de fundar, Galicia Sempre, presentou candidaturas en cinco municipios da provincia de Lugo, entre elas Burela.

Carlos Peinó Castro será o candidato de Galicia Sempre en Burela, á fronte dunha candidatura que contará con Susana Fernández López no posto 2 e Ángel Rodríguez Martínez no 3.

María Isabel Martins Gonçalves, Luís Pardo Vilar, Silvia Teijeiro García, Alberto Antonio Vilar Fernández, Pilar García Martín, Manuel González Cabrera, Francisco Salazar Jiménez, Valentín Rivas López, Saliou Diouf Diouf e María Cristina Ramos Pedreira completarán a lista.

Os suplentes serán Borja José Mon López, Suly Asuntita Fernández Santillán e Purificación Losada Belón.

LISTAS EN CINCO CONCELLOS

Martínez mostrouse “orgulloso” polo feito de que Galicia Sempre fose capaz de presentar “más listas ca” algunha formación “de ámbito nacional”.

En declaracións a Efe, afirmou que só pode facer “un balance positivo” do que acadou o partido independente, porque “hai tres meses nin sequera existía” e “nun tempo récord” conseguiu presentar candidaturas en Lugo, Sarria, Meira, Becerreá e Burela.

Á PROCURA DUN DEPUTADO PROVINCIAL

Unhas candidaturas, afirmou, que se presentan ás eleccións “sen ataduras e sen compromisos“, polo que espera que obteñan uns bos resultados nos seus respectivos concellos”.

Martínez segue aspirando a “acadar un deputado provincial“, un obxectivo que “está difícil, pero que non é imposible, porque todo vai depender de como respondan os cidadáns en Lugo capital”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here