Publicadas as 61 candidaturas para as municipais na Mariña Lucense

A incorporación a última hora de Galicia Sempre fará que Burela conte con sete opcións de voto, mentres que Udival aumentará a catro as alternativas no Valadouro

Furna nas anteriores eleccións europeas e municipais. EFE

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica este mércores todas as candidaturas que concorrerán ás vindeiras eleccións municipais. Nos 16 concellos da Mariña Lucense, ata 61 listas se presentarán aos comicios locais.

Trala presentación das candidaturas de Galicia SempreVox, Burela será o municipio mariñao que máis opcións de voto ofrecerá, con ata sete. Seguiranlle Viveiro e Ribadeo, con seis listas, por cinco de Foz.

Alfoz, Lourenzá, Mondoñedo e O Valadouro -trala presentación da lista de Udival, que non concorreu ás eleccións locais en 2015- contarán con catro candidaturas, por tres de A Pontenova, Barreiros, Riotorto, Cervo e Xove.

TRES CONCELLOS, CON SÓ DÚAS LISTAS

Ourol, O Vicedo e Trabada serán os municipios con menos alternativas, unicamente dúas, as dos grandes partidos, PP e PSdeG-PSOE.

Podes consultar todas as candidaturas neste documentoCandidaturas presentadas municipais 2019

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here