InicioPolíticaFrancisco Mon repite como candidato do PSOE á alcaldía de Cervo

Francisco Mon repite como candidato do PSOE á alcaldía de Cervo

Os edís Luján Ramos Ben e Benito Díaz Docando tamén recuncan nos primeiros postos

Publicada o

- Advertisement -

O PSdeG-PSOE de Cervo presentou este domingo a súa candidatura para as eleccións municipais, na que repetirá no posto de cabeza o actual secretario local, Francisco Mon.

O alcaldable dos socialistas destacou que lidera “unha lista plural, con 13 persoas cervenses e que coñecen a realidade do municipio e as prioridades que temos que solventar de inmediato. Temos un programa para chegar o cambio que o municipio necesita e afrontamos esta cita ilusionados, unidos e convencidos de que poderemos dar o salto ao Cervo do progreso e o desenvolvemento”, expuxo.

Mon afirmou que “para iso temos que acabar coas políticas pasivas do Partido Popular (PP), coa apatía e o goberno improvisado do alcalde. Queremos salvagardar o estado de benestar para todos os veciños e recuperar o noso Concello para que volva ser próspero e referente na Mariña Lucense”, argumentou.

No acto participaron o secretario xeral do PSOE na provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos e a deputada electa do partido socialista no Congreso, Sonsoles López Izquierdo, acompañados de veciños do concello.

“CREMOS NO ESTADO DO BENESTAR”

Santos Ramos subliñou que “os socialistas podemos ir por todos os Concellos da provincia, como en Cervo, e sentirnos orgullosos porque dende a Deputación somos os que máis investimentos achegamos. Cando votan ao PSOE, teñen máis pensións, teñen mellores infraestruturas e servizos porque hai vontade política. Porque nós cremos no estado do benestar e a dereita cree no estatus do benestar, que sexan os que máis teñen os que poidan gozar deses dereitos”, concluíu. 

LISTA COMPLETA

María Luján Ramos Ben (2), José Benito Díaz Docando (3, ambos edís na corporación), Manuel Rodríguez Rodríguez, Lorena Pardo Quelle, Amado Ballesteros González, Rosalía Cao Pardo, Antonio González Villares, Joaquina Bañó Vázquez, Almudena Cayón Rivas, Ángel García Prieto, Manuel Facal Dopazo e Marina Gómez Cobas completan a listaxe dos socialistas. 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...