Once concellos cobrarán ás enerxéticas por ocupar espazos públicos

Un total de 51 municipios sumáronse a un convenio impulsado pola Deputación de Lugo

Campos, cos alcaldes dos municipios que se acolleron ao convenio. AXM

Once concellos da Mariña LucenseAlfoz, Barreiros, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, O Valadouro, O Vicedo e Viveiro- sumáronse a un convenio de colaboración coa Deputación de Lugo para inventariar os espazos públicos municipais ocupados polas enerxéticas, a fin de aplicar as taxas municipais correspondentes a estas empresas.

A primeira fase do proxecto, ao que se adheriron 51 municipios da provincia, consistirá na elaboración dun estudo que determinará os espazos públicos municipais que ocupan as empresas de luz e gas para o transporte de enerxía en cada concello. Así acadarase un rexistro técnico, económico e xurídico, que permitirá fixar as taxas. Deste xeito, as entidades locais percibirán uns ingresos que por agora non reciben.

CUSTO

O proxecto ten un custo de 256.000 euros, dos que a Deputación financiará algo máis da metade -130.000-. Cada un dos concellos fará unha achega ao plan que oscilará entre os 3.000 e os 6.000 euros, en proporción da lonxitude das liñas eléctricas coas que conten.

REFRENDO DO TRIBUNAL SUPREMO

O presidente da Deputación, Darío Campos, sinalou que esta iniciativa é “novidosa”, que “mellorará os servizos públicos” e que se basea nas sentenzas favorables do Tribunal Supremo respecto de ordenanzas similares en municipios como Arteixo, Serradilla (Cáceres) e Villalcampo (Zamora).

Segundo a decisión do alto tribunal, “non se trata de gravar un chan rústico de uso agropecuario, senón a utilidade que lle reporta ao suxeito pasivo a utilización privativa ou o aproveitamento especial do mesmo, con exclusión dos demais, para unha actividade netamente industrial consistente en transportar e distribuír enerxía eléctrica”.

1 COMMENT

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here