Evaristo Lombardero e Maica Nistal, números 1 e 2 da lista de En Marea Ribadeo

A candidatura do partido instrumental no municipio ribadense estará encabezada por "persoas cun longo compromiso en favor do público"

Candidatura de En Marea Ribadeo. AXM

En Marea Ribadeo presentou a súa candidatura para as vindeiras eleccións municipais, que encabezará Evaristo Lombardero con Maica Nistal no posto 2 da lista.

Segundo o partido instrumental, trátase dunha “candidatura diversa, con veciñas do rural e da vila; labregas, traballadoras da industria e dos servizos; xentes de Ribadeo e de fóra e activistas dos movementos sociais e culturais do concello”.

Neste senso, remarca que os dous primeiros postos “son para persoas cun longo compromiso en favor do público, da cohesión social -sen deixar ninguén atrás- e da conservación do noso patrimonio natural“. Podes consultar a lista completa nesta imaxe.

Candidatura de En Marea. AXM

En Marea mostra a súa intención de traballar “cara á soberanía alimentaria e enerxética a través do desenvolvemento dos recursos naturais, formativos e culturais, diversificando unha económía hoxe moi dependente de factores externos; unha transición que só poderá acadarse coa complicidade da veciñanza”.

Ademais, pretende ser desde o goberno local un exemplo de “transparencia, información e participación, dándolle a volta a un Concello que ben entrado o século XXI non deixou vellos hábitos da opacidade e o clientelismo“.

PROGRAMA

Orzamentos participativos, rotación do pleno polas parroquias e Consello de Participación Cidadá; bonificación do Imposto de Bens Inmobles ás explotacións agrogandeiras; a recuperación da xestión do abastecemento de auga; un albergue para animais abandonados; o programa “Camiñando ao Cole” ou a creación dunha sala de ensaio para grupos musicais, ademais da “proactividade na reapertura de locais” para actuacións son algunhas das propostas do programa de En Marea Ribadeo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here