InicioPolíticaA Xunta desafecta o centro de saúde de Barreiros

A Xunta desafecta o centro de saúde de Barreiros

O alcalde asegura que a medida suporá "entre 30.000 e 60.000 euros de aforro" para as arcas municipais

Publicada o

- Advertisement -

O Xunta de Galicia aprobou a desafectación do centro de saúde de San Cosme de Barreiros, que pasará a depender integramente do Executivo galego. O alcalde barreirense, Alfonso Fuente Parga, asegura que a medida suporá un aforro para o municipio de “entre 30.000 e 60.000 euros en limpezamantemento outros gastos do centro de saúde“.

O rexedor considera que “a Xunta segue a colaborar co noso concello”, e interpreta a desafectación do ambulatorio como “unha axuda do Goberno galego ao municipio con carácter anual“.

“Ás veces preocupámonos moito de acadar subvencións. Podemos dicir que isto é como recibir unha desas cantidades todos os anos, porque a limpeza e mantemento das instalacións supuña un gasto contínuo todos os anos para os veciños e veciñas de Barreiros, que tiñamos que facernos cargo do centro de saúde”, concluíu o rexedor barreirense. 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...