InicioPolíticaO PSOE reclamará no Parlamento o médico amortizado na Pontenova

O PSOE reclamará no Parlamento o médico amortizado na Pontenova

Os socialistas tamén esixirán que se cubra a praza vacante dun traballador de Persoal de Servizos Xerais

Publicada o

- Advertisement -

O PSdeG-PSOE presentará varias iniciativas no Parlamento galego para instar á Xunta de Galicia a que cubra a praza do médico recentemente xubilado na Pontenova, así como para esixir a contratación dun traballador de Persoal de Servizos Xerais (PSX) que equipare a situación anterior.

O alcalde da Pontenova, o socialista Darío Campos, lembra que o centro de saúde conta con dous médicos cando anteriormente contaba con tres facultativos, e cun profesional de PSX cando anteriormente tiña dous. “Existe unha clara tendencia a reducir o persoal que atende no ambulatorio aproveitando baixas e xubilacións“, apunta o rexedor.

O PSOE asegura que estes recortes por parte do goberno do PP saturan a atención médica e a organización do centro. Os socialistas lembran que o Punto de Atención Continua (PAC) para A Pontenova é o do concello de Meira, que en días como o sábado pola mañá ten un só ATS, tamén responsable da atención a domicilio

ENVELLECEMENTO E DISPERSIÓN DE POBOACIÓN

Os socialistas recordan tamén o envellecemento de poboación -o 36% dos pontenoveses supera os 65 anos- e a dispersión dos núcleos de vivendas que padece o municipio, con 67 localidades. Por todo iso, o PSOE reclaman “unha atención próxima e áxil aos veciños e unha sanidade pública e persoal”, unha demanda que respaldaron 1.500 sinaturas33609-PNP Centro Saúde de A Pontenova (1)

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...