Caballero reclama en Viveiro “o voto útil” para “frear o pacto de PP e Cs coa ultradereita”

O líder do PSdeG-PSOE di que o Goberno central é "o mellor aliado" de Alcoa San Cibrao

Mítin do PSOE en Viveiro. AXM

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, protagonizou este mércores un mítin en Viveiro xunto co voceiro socialista no Senado, Ander Gil, no que chamou a rexeitar “o pacto implícito das dereitas coa extrema dereita” e a concentrar “todo o voto progresista” no Partido Socialista.

Queremos pedirlle a todos os galegos que queren progreso e que non queren que a extrema dereita siga inspirando as políticas da dereita que vaian votar este domingo, que o fagan polo voto útil, que é o voto ao PSOE”, enfatizou.

Fixo fincapé o líder dos socialistas galegos na importancia de que “non se perda” ningún voto, nin para o Congreso nin para o Senado, o vindeiro domingo, ante a posibilidade dun pacto PP-Vox-Cs.

Soamente hai unha papeleta que vai garantir que os votos cheguen ás cámaras parlamentarias, a papeleta do Partido Socialista”, recalcou Gonzalo Caballero, quen prognosticou “un magnífico resultado” se o domingo hai “unha mobilización alta”.

ALCOA

O secretario xeral do PSdeG-PSOE abordou a situación da industria para destacar que o Goberno socialista “foi o que solucionou” o anunciado peche de Alcoa na Coruña e que “é o mellor aliado de San Cibrao” mentres “Feijóo non fixo máis que estorbar, entorpecer e amosar a súa incapacidade como presidente”.

No acto tamén interviu a secretaria provincial do PSOE en Lugo, Patricia Otero, quen pediu o voto da Mariña Lucense “para que os traballadores de Alcoa poidan ter o primeiro estatuto para as empresas electrointensivas”.

O goberno socialista xa puxo enriba da mesa 25 millóns de euros para Alcoa San Cibrao, o que supón o maior importe que deu o goberno de España a ningunha empresa en todo o país para favorecer a súa competitividade. E que puxo a Xunta de Feijoo, Balseiro e o PP? Cero euros. Esa é política industrial do PP”, sentenciou.

Cs E PP “METERON O LOBO NO GALIÑEIRO”

Pola súa banda, Gil sinalou o 10-N como “a oportunidade para poñerlle freo á ultradereita, que da man do PP e Ciudadanos, entrou nas institucións” e “puxo en cuestión fundamentos como o Estado das Autonomías. Responsabilizo ao PP de meter o lobo no galiñeiro”, espetou.

Respecto aos dez meses de Goberno socialista, Gil argumentou que “fomos capaces de apuntar un rumbo” e cun “goberno forte e estable seguiremos afondando na redución das desigualdades”.

“INVESTIMENTOS” PARA VIVEIRO

Pola súa banda, a alcaldesa, María Loureiro, afirmou que “Viveiro está en marcha co Goberno de Pedro Sánchez, non podemos deixar pasar esta oportunidade para apoiar a un presidente que apoia os proxectos desta vila. Só o voto ao PSOE garantiza que Viveiro siga aparecendo no mapa dos investimentos do Estado”, sostivo.

Por último, o candidato ao Senado, César Mogo, afirmou que o 10-N “temos que rematar co bloqueo que impide a Pedro Sánchez seguir impulsando iniciativas sociais. Iso é o que nos xogamos”, concluíu.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here