O PP adianta ao PSOE en Cervo e no Valadouro

Os socialistas sumaran máis votos nestes dous municipios nos comicios estatais do pasado mes de abril

Furna nas anteriores eleccións europeas e municipais. EFE

O Partido Popular (PP) superou ao PSOE como principal forza política nestas eleccións xerais nos municipios de Cervo e O Valadouro, onde os socialistas sumaran máis votos nos comicios estatais do pasado mes de abril.

En Cervo, o Partido Popular adiantou ao PSOE como forza máis votada (919 votos, o 33,22%, por 862, co 31,16%), cunhas cifras moi parellas, ao igual que no pasado mes de abril, cando a formación máis respaldada fora a socialista (955 por 882). Galicia En Común-Unidas Podemos quita 464 apoios, o 16,78%; o BNG sobe do 6,51% ao 10% (277). Vox queda por debaixo do 4%, con 105 votantes da ultradereita; deron o seu respaldo a Ciudadanos 73 persoas. Os animalistas de Pacma (22 sufraxios), Recortes Cero (6), Partido Por Un Mundo más Justo (PUM+J) (5), C 21 (dous) e Partido Comunista Obrero Español (PCOE) (un) son outras forzas elixidas. A participación foi alta en Cervo, do 76,16%, aínda que lonxe do 81,35% de abril.

No Valadouro, cunha participación do 66,57% (en abril superara o 72%), o PP quitou 437 votos (39,40%), por 404 de abril (33,72%); o PSOE cae de 482 (40,23%) a 398 (35,89%); o BNG é a terceira forza, con 105 (9,47%); Podemos sumou 85 (7,66%); Vox obtivo 51 (4,60%) e Ciudadanos 17 (1,53%). Pacma (tres sufraxios), Recortes Cero (2), PUM+J (un) e PCOE (un) tamén acadaron votos. Podes consultar os resultados nesta ligazón.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here