O PP pide que a Deputación de Lugo defenda aos traballadores de Muebles Hermida

Os conservadores propoñen aprobar unha declaración institucional para apoiar aos traballadores, que acumulan meses por cobrar

Muebles Hermida, en Lourenzá. GOOGLE MAPS

A portavoz do PP na Deputación de Lugo, Elena Candia, solicitou unha reunión co resto de grupos políticos e o presidente provincial, o socialista José Tomé, para “acordar unha declaración institucional en apoio” aos empregados de Muebles Hermida, que solicitou este mes a súa entrada en concurso de acredores.

Neste texto, explica a tamén líder dos populares na provincia, pídese “a implicación das administracións” e “a axilidade” do Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) para que aboe as cantidades que a empresa “lle debe aos traballadores”.

“Sempre con ese compromiso, co mantemento do emprego, e sempre con esa coherencia de afastar do debate político o que entendemos que é neste momento una das principais preocupacións que temos na provincia de Lugo”, manifesta.

E é que, de acordo coas súas palabras, tanto a administración como os políticos teñen “a obrigación de traballar, arrimar o ombreiro e achegar solucións”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here