InicioPolíticaO BNG pedirá explicacións no Parlamento polo camping no castro de Barreiros

O BNG pedirá explicacións no Parlamento polo camping no castro de Barreiros

A deputada Olalla Rodil visitou o xacemento e entrevistouse con representantes de Mariña Patrimonio

Publicada o

- Advertisement -

O BNG presentará iniciativas no Parlamento galego e no Concello de Barreiros para pedir responsabilidades pola utilización do castro de Benquerencia como aparcadoiro de autocaravanas.

Así o anunciou a deputada do partido nacionalista Olalla Rodil, que visitou o xacemento con representantes do grupo frontista para coñecer a situación e entrevistarse con membros de Mariña Patrimonio, a asociación que -xunto con Adega– presentou unha denuncia no Seprona contra a acampada.

“Non se pode permitir que o noso patrimonio siga sendo maltratado e que as administracións non fagan nada por protexelo. Pediremos explicacións e responsabilidades a todos os niveis e presentaremos iniciativas no Parlamento Galego”, anunciou Rodil.

A voceira municipal do BNG, Ana Ermida, asegurou que “o Concello non pode poñerse de perfil e tratar de desviar responsabilidades cara á propiedade da finca. A administración local ten responsabilidade na  ordenación dos espazos e no uso que se lles dá. E cando hai un ben patrimonial, sexa onde sexa, a obriga do goberno local é non só protexelo, senón promocionalo para que a sociedade tome consciencia do seu valor”, concluíu.

A POLÉMICA, AO PLENO

Ermida adiantou que o BNG local levará tamén este tema ao pleno municipal e esixirá que se tomen medidas. “Utilizar o patrimonio só para sacar fotos non é traballar con cabeza na defensa e posta en valor do territorio. É, simplemente, fomentar un turismo ao que non se lle dá a coñecer o valor das cousas e por iso acontecen situacións coma esta, na que os prexuízos superan con moito aos posibles beneficios”, asegurou.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...