Patricia Otero encabezará a candidatura do PSdeG-PSOE por Lugo

Ademais da secretaria xeral dos socialistas lucenses, confirmada como número 1 da candidatura, tamén figuran na lista os edís de Foz e Viveiro Carlos García Rivera e Marisol Rey

Patricia Otero. PSOE

Patricia Otero encabezará a candidatura do PSdeG-PSOE por Lugo ás eleccións autonómicas do 5 de abril. O coruñés Pablo Arangüena e a ourensá Marina Otero liderarán as listas nas súas provincias e ao candidato á Xunta de Galicia Gonzalo Caballero será o ‘número un’ por Pontevedra.

Ademais da secretaria xeral dos socialistas lucenses, confirmada como número 1 da candidatura por Lugo, figuran no documento enviado á executiva galega polos socialistas lucenses o concelleiro de Relacións Institucionais de Foz, Carlos García Rivera, e a edil de Turismo de Viveiro, Marisol Rey Yáñez.

Podes ler a información completa nesta ligazón do diario dixital Galicia Confidencial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here