Oficial: as eleccións galegas serán o 12 de xullo

As principais forzas da oposición en Galicia opóñense a esta data electoral

Feijóo, no Parlamento. EFE/LAVANDEIRA JR.

EFE. O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, confirmou este luns que as eleccións galegas celebraranse o próximo 12 de xullo.

Tras unha reunión extraordinaria do seu goberno, Núñez Feijóo destacou a situación sanitaria de Galicia pola pandemia do coronavirus e defendeu que os comicios se celebren “canto antes, mellor ao principio do verán que ao final”, como defendeu a pasada semana con “informes sanitarios e xurídicos”.

Precisamente, por mor da pandemia do coronavirus as eleccións galegas previstas para o 5 de abril foron suspendidas.

PSdeG-PSOE, BNG ou Galicia en Común manifestáronse en contra da data electoral, ao entender que non se dan as garantías sanitarias. Entre as forzas progresistas, só En Marea, que renunciara a presentarse en abril, amosouse a favor de celebrar os comicios en xullo, postura que tamén mantén Ciudadanos.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here