InicioPolíticaO BNG de Barreiros manterá en novembro reunións sectoriais para elaborar o...

O BNG de Barreiros manterá en novembro reunións sectoriais para elaborar o programa electoral

Os nacionalistas convocan xuntanzas coa mocidade, as asociacións culturais e deportivas, o sector agrogandeiro, os axentes turísticos ou os usuarios do monte

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Barreiros iniciará en novembro unha rolda de xuntanzas sectoriais para recoller propostas para o programa electoral das vindeiras eleccións municipais.

Tras realizar varias reunións en parroquias, os nacionalistas convocan o vindeiro xoves, 1 de novembro, á mocidade barreirense. O encontro será ás 19.00 horas, no centro sociocultural de San Cosme.

A seguinte xuntanza celebrarase o 5 de novembro, a partir das 20.30 horas no mesmo escenario. Nesta ocasión, o BNG convoca ás asociacións do concello que desenvolven actividades relacionadas co ocio, deporte ou cultura.

O 8 de novembro será a quenda dos axentes implicados nos usos do monte. A reunión está prevista para as 20.30 horas, no teleclub de Vilamartín Grande.

O día 13, o grupo municipal nacionalista reunirase con representantes do sector turístico, ás 17.00 horas no centro sociocultural.

Finalmente, para o venres 16 queda un encontro con agricultores e gandeiros, desde as 16.00 no centro sociocultural de San Cosme.

ENCONTROS “ABERTOS”

A candidata nacionalista á alcaldía nas vindeiras eleccións municipais, Ana Ermida, resalta que estas conversas “están abertas a calquera persoa que poda ter interese nos temas a tratar, con independencia de que desenvolva actividade concreta neste ámbito ou non”.

A dirixente do BNG asegura que a partir destas xuntanzas poderán elaborar “un programa realista e adaptado ás demandas sociais”, e conclúe que “cantas máis persoas participen, máis real será a diagnose que realicemos do municipio”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...