Renuncia por “motivos persoais” o edil de Medio Rural de Ribadeo, Jesús Mundiña

O Concello concreta que no pleno de marzo tomará posesión do cargo a persoa que o substitúa

Mundiña, á dereita da imaxe. CONCELLO DE RIBADEO

No vindeiro pleno extraordinario do Concello de Ribadeo darase conta da renuncia de Jesús Mundiña como edil de Medio Rural, que deixa o cargo “por razóns estritamente persoais”, segundo concretou o Concello a través dun comunicado.

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, comentou sobre Mundiña “temos que agradecerlle o traballo desenvolvido ao longo de camiño de dous anos, nos que estivo ao fronte da Concellería de Medio Rural, ocupándose de cuestións como os camiños, o saneamento, os alumeados rurais, o sector forestal ou a rozadora, e ademais estivo en contacto directo e diario coa veciñanza para poder coñecer de primeira mao as súas necesidades”.

Suárez Barcia subliñou que “foron meses de intenso traballo, xustamente no momento máis complicado da pandemia que todos sufrimos no seu momento e seguimos a sufrir, e que fai todo máis difícil e máis costa arriba. É polo que desde o equipo de goberno, todos nós lle queremos dar as máis expresivas grazas e recoñecer o seu labor durante todo este tempo”. O alcalde engadiu que “xa será no vindeiro pleno de marzo cando se faga efectiva a toma de posesión da acta de concelleiro da nova persoa que o substitúa”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here