InicioPolíticaO PP denuncia o “sistemático incumprimento” do regulamento dos plenos en Foz

O PP denuncia o “sistemático incumprimento” do regulamento dos plenos en Foz

Di que non se cumpre o acordo de celebralos o último xoves de cada mes.

Publicada o

- Advertisement -

O portavoz popular, Javier Castiñeira, denuncia que o alcalde, Fran Cajoto, incumpre o réxime de sesións e convoca os plenos “cando a el lle parece oportuno, sen contar para nada co resto dos grupos”.

Nun comunicado, os populares lembran que ao inicio do mandato municipal decidiuse que os plenos ordinarios se celebrasen con periodicidade mensual, o último xoves de mes. “Isto nos últimos meses non se está a facer, de tal maneira que xa é algo extraordinario que se celebren os plenos cando se teñen que celebrar, é dicir, o último xoves de cada mes”, denuncia Castiñeira.

O portavoz popular di que a situación que denuncia obedece única e exclusivamente “á conveniencia do equipo de goberno e do señor alcalde, “que non son capaces de organizarse e facer unha boa xestión”. Neste sentido, critica que este último xoves “non había orde do día e ninguén se fai responsable de cumprir o ordenamento”. Por iso, espera que o goberno municipal cambie de actitude.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...