InicioPolíticaGonzález Formoso reclámalle á Xunta maior implicación para garantir a supervivencia da...

González Formoso reclámalle á Xunta maior implicación para garantir a supervivencia da flota pesqueira

O líder dos socialistas galegos urxe á Consellería do Mar a que “escoite ao sector” e atenda ás súas necesidades de reducir carga administrativa e medidas para facer atractiva a actividade.

Publicada o

- Advertisement -

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, reclamou hoxe “máis implicación” da Xunta co sector pesqueiro, que demanda apoio nun momento “crítico” para “garantir a súa supervivencia”. Así o dixo logo dun encontro co sector pesqueiro en Burela, onde estivo acompañado do alcalde da localidade, Alfredo Llano, e a portavoz de Pesca no Grupo Socialista e secretaria de Pesca na CENG, Patricia Otero, ou o parlamentario no Congreso Javier Cerqueiro.

O responsable socialista escoitou hoxe ao sector para “concluír que hai que esixirlle á Xunta maior implicación” cun sector no que “fallan os incentivos para a captación de persoas que queiran enrolarse nos barcos galegos”. Reclamou que faciliten a incorporación á actividade reducindo carga administrativa, simplificando o proceso formativo ou a homologación de titulacións”, coordinándose co resto de comunidades autónomas costeiras e co Ministerio de Pesca.

En definitiva, urxiu á Xunta que pase a “escoitar ao sector” como medida “prioritaria”, e avogou por “protexer” á pesca galega, un sector “moi querido pola cidadanía de Galicia”, e “facer suficientemente atractivo enrolarse nun barco galego”.

González Formoso dirixiuse á localidade luguesa, onde residen máis de 1.200 persoas que traballan enroladas en buques pesqueiros de Celeiro e Burela, continuando coa rolda de contactos cos colectivos representativos do tecido produtivo primario de Galicia. O líder dos socialistas galegos mantivo este encontro ao que acudiron representantes da Federación de Confrarías, así como responsables dos produtores pesqueiros e de armadores de Celeiro e Burela.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...