O PP de Alfoz e do Valadouro esixen aos dous concellos información sobre a central hidroeléctrica proxectada na área

Os representantes da formación popular destes dous municipios continúan así a ofensiva iniciada estes días, pois insisten en que non se pode impulsar unha iniciativa como a indicada sen coñecer antes detalladamente o proxecto que está a tramitar o Ministerio de Transición e Reto Demográfico.


Os populares de Alfoz e de O Valadouro solicitan por escrito que sendos Concellos informen de como afectará aos veciños a proxectada hidroeléctrica. No primeiro caso, piden que esta información se faga pública través da convocatoria dun pleno extraordinario e, no segundo, nunha Xunta de Voceiros, logo de que o grupo Veciños Independentes de Alfoz (VIA) non aceptase asinar a petición para a celebración da sesión plenaria.

Os representantes da formación popular destes dous municipios continúan así a ofensiva iniciada estes días, pois insisten en que non se pode impulsar unha iniciativa como a indicada sen coñecer antes detalladamente o proxecto que está a tramitar o Ministerio de Transición e Reto Demográfico. Deste xeito, sinalan que “coa información que temos non podemos manifestarnos máis que en contra”.

Precisamente, “esta desinformación está a xerar un gran malestar entre a poboación”; de aí que dende o PP se dirixan aos respectivos alcaldes, defendendo, “unha vez máis”, información detallada respecto das previsións que manexa o departamento estatal para dita infraestrutura e de como afectará aos veciños.

Os populares de Alfoz e de O Valadouro agardan que os gobernos municipais destes dous concellos atendan as súas demandas, pois respostan, apuntan, “ao sentir da mioría dos residentes nestas dúas localidades”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here