Formoso reclama á Xunta que autorice antes do 30 de setembro os eólicos para a subministración de ALCOA

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Valentín González Formoso, mantivo un encontro con diversos colectivos afectados polos parques eólicos coa finalidade de explicarlle os detalles do Acordo por unha Enerxía Eólica Sostible que o PSdeG subscribiu recentemente.


O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Valentín González Formoso, visitou este mércores o concello lucense de Trabada para manter unha xuntanza cos alcaldes e alcaldesas da comarca da Mariña, así como cos portavoces locais dos partido, e explicar o seu proxecto para recupera o liderar do país, reactivar o tecido industrial e garantir a emprego na zona.

Nun encontro celebrado no Museo Etnográfico Xosé Rocha de Trabada, o número un dos socialistas galegos debullou a súa aposta pola pervivencia dos complexos industrias que considera estratéxicos para a economía de Galicia, como é o caso de Alcoa, cuxa viabilidade pasa, dixo, por asegurar o subministro de enerxía renovable a prezos competitivos.

“Temos unha proposta para desenvolver novos parques eólicos”, sinalou Formoso, “e queremos facelo, ademais, dun xeito ordenado, con control, respectando os dereitos dos propietarios dos terreos e respectando tamén os espazos naturais sensibles e as zonas de aproveitamento agrícola e gandeiro”.

O PSdeG, abondou o secretario xeral, quer sobre todo todo escoitar todos os puntos de vista dos cargos locais e dos veciños, pero deixando claro que “sen o desenvolvemento das enerxías renovables non hai industria, e sen industria dificilmente haberá empregos de calidade que ofrecerlle á mocidade” para que poida cumprir o seu proxecto vital nesta comarca.

Insistiu o dirixente socialista en pedirlle ao goberno galego, en liña coa proposta que lle fixo ao presidente Alfonso Rueda na entrevista que mantiveron o pasado luns, que autorice dunha vez a construción dos novos parques eólicos que son indispensables para blindar o futuro de Alcoa.

“É un traballo que está pendente, e nós propoñemos que estas autorizacións se materialicen antes do 30 de setembro”, subliñou Formos, e que antes de fin de ano se autorice tamén o proxectos para fornecer de enerxía á planta de hidróxeno verde que está chamada a converter Galicia nun referente nesta materia.

COLECTIVOS AFECTADOS POLOS EÓLICOS

Formoso tamén mantivo outro encontro, na escola de Vilapercide, con diversos colectivos afectados polos parques eólicos coa finalidade de explicarlle os detalles do Acordo por unha Enerxía Eólica Sostible que o PSdeG subscribiu recentemente con organizacións sindicais como UGT, Comisión Obreiras, Unión Agrarias, así como con organizacións como a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais (Fademur) ou Ventonoso.

“Nos non vimos aquí a explicar o que quer oír, senón a comprometernos co futuro industrial deste país”. “Vimos”, engadiu o secretario xeral do PSdeG, “a encontrarnos coa cidadanía, cara a cara coa xente, para falar de futuro”, de enerxía, de industria e, en definitiva, de oportunidades laborais.

 

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here