InicioEconomíaA Xunta sinala que 118 comercios da Mariña recibiron axudas do primeiro...

A Xunta sinala que 118 comercios da Mariña recibiron axudas do primeiro plan de rescate fronte a COVID

O parlamentario popular José Manuel Balseiro criticou que, en contra da maneira de actuar da Xunta, "outras administracións habilitan tarde mal e a rastro os plans de apoio, e fano unha vez máis discriminando a Galicia".

Publicada o

- Advertisement -

O director xeral de Comercio, Manuel Heredia, respondeu ao popular José Manuel Balseiro que o comercio da comarca luguesa da Mariña “está a usar” os instrumentos de apoio habilitados pola Xunta, con 117 negocios beneficiados en 2020 por axudas para dixitalización, modernización, expansión comercial e outros conceptos.

No relativo aos plans de rescate fronte á crise da covid, o alto cargo cifrou en 118 os establecementos que percibiron axudas do primeiro, mentres están aínda “resolvéndose” as do segundo e “traballándose” no taerceiro, “cando se reciban os fondos do estado”.

Precisamente respecto diso, Balseiro criticou que, en contra da maneira de actuar da Xunta, “outras administracións habilitan tarde mal e a rastro os plans de apoio, e fano unha vez máis discriminando a Galicia“.

AXENCIAS

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...