O incendio nun piso do Valadouro acaba sen feridos

Os feitos sucederon uns minutos despois das 13,00 horas. A esa hora, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para alertar de que vía saír lume e fume pola xanela dun piso.

Parque de bombeiros de Barreiros. CONSORCIO DE LUGO.

Un incendio que se declarou nun piso dun inmoble situado na rúa Andrés López Palmeiro, no Valadouro, deixou importantes danos na vivenda. Neste caso ningunha persoa resultou ferida.

Concretamente, o lume afectou ao primeiro piso do edificio, que ardeu por completo. Ademais, as chamas provocaron danos no faiado do inmoble.

Os feitos sucederon uns minutos despois das 13,00 horas. A esa hora, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para alertar de que vía saír lume e fume pola xanela dun piso. Foron avisados Bombeiros de Barreiros, GES de Cervo, Garda Civil e Protección Civil.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here