InicioPolíticaO BNG súmase ás demandas de cobertura da praza de médico de...

O BNG súmase ás demandas de cobertura da praza de médico de atención primaria en Ourol

A formación nacionalista denuncia que "neste concello de apenas mil habitantes no que a media de idade é moi elevada estase a vivir unha situación na que soamente conta cun facultativo dous días á semana".

Publicada o

- Advertisement -

O BNG da Mariña levou ao Parlamento galego a falta de médico no centro de saúde do Concello de Ourol. Así denuncian que a  “Atención Primaria do noso país leva anos sufrindo uns niveis de presión e precariedade imposibles de asumir por parte da sociedade galega e dos e das traballadoras da nosa sanidade pública”.

A formación nacionalista denuncia que “neste concello de apenas mil habitantes no que a media de idade é moi elevada estase a vivir unha situación na que soamente conta cun facultativo dous días á semana”.

Segundo o deputado nacionalista, Daniel Castro, este feito mostra a grave situación da sanidade pública galega causada pola Xunta de Galicia quen “non cubre de xeito continuo a baixa do único facultativo co que contaba o Centro de Saúde”. Castro sinala que a decisión do executivo galego leva afectando á poboación de Ourol desde hai máis de un mes reflectido en case “500 queixas recollidas nun só día”.

Ademais disto, o deputado sinala que as actuais políticas sobre os servizos sanitarios en Galicia provoca que xente de idade avanzada do rural, teña que desprazarse a maiores distancias para recibir atención médica.

O Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego propón que por parte do Partido Popular respondan a unha serie de cuestións que formularán na cámara sobre a situación en Ourol. Entre elas cal é a razón pola cal a Xunta de Galicia non cubre de xeito continuo a praza do facultativo do Centro de Saúde de Ourol. Ademais engadirán se o goberno galego cubrirá a praza do médico de atención primaria en Ourol e se se tardará en cambiar a situación.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...