O sindicato de actores non entregará xerras de Sargadelos nos premios María Casares

O colectivo racha cunha costume de 22 anos ante "a deriva do grupo empresarial" e a "actitude hostil" do conselleiro delegado cara "a acción sindical"

Xerras de Sargadelos coa efixie de María Casares. AXM

A Asociación de Actores de Actrices de Galicia (AAAG) emitiu un comunicado no que transmitiu a súa renuncia a entregar xerras de Sargadelos aos gañadores dos premios de teatro María Casares tralo conflito laboral que estalou o pasado verán na fábrica de Cervo.

O colectivo basea a súa decisión, que racha con 22 anos de entrega de obras de Sargadelos como galardón nas 14 categorías dos premios, “na dirección que tomou o grupo empresarial nos últimos tempos, que aos nosos ollos desvirtúa o histórico proxecto promovido dende a súa orixe por Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane“.

A agrupación critica “a actitude completamente hostil por parte do administrador único do grupo Sargadelos cara á acción sindical do seu cadro de persoal”.

ENTREGARANSE EN MARZO

A gala da vixésimo terceira edición dos premios de teatro María Casares celebrarase o 21 de marzo no teatro Rosalía de Castro da Coruña.

Podes acceder ao comunicado completo neste enlace.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here