IniciosociedadeO Ceip de Galdo, elixido para un intercambio docente a nivel europeo

O Ceip de Galdo, elixido para un intercambio docente a nivel europeo

O programa 'Observa_Acción' da Xunta beneficiará tamén ao profesorado do Ceip de Cervo, que traballará en conxunto cun centro educativo de Castela e León

Publicada o

- Advertisement -

O Ceip Plurilingüe Santa Rita de Galdo e mailo Ceip de Cervo participarán nun intercambio de boas prácticas educativas con centros europeos e doutras comunidades do Estado.

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de seleccionar os oito centros escolares galegos que se beneficiarán do programa de innovación educativa ‘Observa_Acción‘, que involucrará a 40 docentes, cinco por colexio.

MODALIDADES

O Ceip Santa Rita foi seleccionado para a modalidade A do intercambio, reservada para os centros participantes no curso 2017-2018.

O profesorado do colexio de Viveiro realizará así unha visita de observación a un centro de referencia no espazo internacional europeo.

Pola súa banda, o Ceip de Cervo foi escollido para a modalidade C, na que o intercambio producirase cun centro de Castela e León durante dúas xornadas lectivas.

A iniciativa ten como obxectivo fomentar o desenvolvemento profesional dos docentes para a cooperación e colaboración, construción conxunta de coñecemento e o liderado e xestión de centros a través do intercambio de boas prácticas e a observación entre iguais.

FASES DO PROGRAMA

Por unha banda, unha persoa do equipo directivo cooperará coa dirección do centro irmandado en observación relativa a competencias para o liderado, xestión de recursos propios e alleos e estratexias comunicativas e colaborativas.

Por outra, os docentes cooperarán co profesorado dos centros irmandados en observación relativa a novas propostas didácticas, metodoloxías activas e colaborativas, transformación na organización de centro, convivencia, inclusión, aprendizaxe integrado de linguas ou competencia dixital.

Finalmente, terá lugar o intercambio propiamente dito. A Xunta de Galicia recoñecerá a participación dos docentes nesta iniciativa como actividade de innovación educativa cunha equivalencia de 30 horas de formación.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...