Un vídeo mostrará en Fitur atractivos dos 16 municipios da Mariña

A mancomunidade precisa que se cubriron as cen prazas do plan de emprego

As Catedrais. TURISMO.GAL

A Mancomunidade de Municipios da Mariña mostrará na Feira Internacional de Turismo (Fitur) de Madrid un vídeo promocional no que se fai un percorrido polos 16 concellos que forman a bisbarra.

A peza audiovisual presentarase o 24 de xaneiro, ás 18.00 horas. O presidente da mancomunidade, Alfredo Llano, explica que a gravación ten “dous minutos de duración” e nela recóllense recursos turísticos dos 16 municipios.

ORZAMENTO

O pleno do colectivo de municipios mariñao, que se celebrou este mércores no Vicedo, aprobou o orzamento para 2019, que ascende a máis de 419.000 euros. O aumento do presuposto débese a que inclúe a cantidade necesaria para levar a cabo o plan integral de emprego proxectado.

Sobre este plan, que suporá a inserción laboral durante tres meses de 35 persoas, Llano precisou que xa se realizou o proceso de selección e que se cubriron as 100 prazas ofertadas. Participan no proxecto dez municipios da comarca. 

RECOLLIDA DE LIXO

A mancomunidade solicitará, un ano máis, unha subvención ao Fondo de Compensación Ambiental para proceder á compra de novos contedores e realizará un estudo para comprobar a necesidade de colectores de lixo orgánicos

OUTROS TEMAS

A posibilidade de cambiar o logo da mancomunidade, o inicio do plan Catuxa e dos programas de recollida de aceite usado e de roupa foron outros dos temas tratados na sesión plenaria. 

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here