IniciosociedadeMondoñedo, Lourenzá e Barreiros esixirán pediatra con sinaturas e mocións en cada...

Mondoñedo, Lourenzá e Barreiros esixirán pediatra con sinaturas e mocións en cada concello

Os rexedores dos tres municipios presentarán iniciativas nos plenos para demandar ao Sergas que cubra a especialista

Publicada o

- Advertisement -

Unha campaña de recollida de sinaturas e mocións en cada concello reclamarán melloras no servizo de pediatría que comparten os municipios de Lourenzá, Barreiros e Mondoñedo.

Así se decidiu na noite do venres, nunha xuntanza en Lourenzá na que participaron veciños dos tres concellos, representantes políticos “de todas as cores” e integrantes da Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña.

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explicou que o goberno local levará a pleno unha moción para esixir ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) que garanta a cobertura da pediatra que está de baixa e o cumprimento do calendario de vacinas, ante o “grave risco” que corren os nenos.

BNG E PSOE, NO PARLAMENTO

Ademais falei cos rexedores de Barreiros e Mondoñedo e manifestaron que tamén levarán esta iniciativa aos respectivos plenos dos seus concellos”, explicou. Tamén adiantou que o PSOE levará esta carencia ao Parlamento galego, tal e como fixo días atrás o BNG.

A PLATAFORMA: “PODE PASAR NOUTROS SITIOS”

Montse Porteiro, voceira da plataforma sanitaria da Mariña, afirmou que “o problema de pediatría é moi grave, porque os nenos non poden quedar sen atención especializada”, e advertiu de que “isto pode pasar en calquera localidade onde exista pediatra de familia e pida unha baixa ou vacacións, dereitos fundamentais dos traballadores”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...