Galipizza, a única cadea de restauración galega que recibe a Q de Calidade

O distintivo turístico supón unha diferenciación de "fiabilidade" de cara aos clientes

Galipizza recibiu a Q de Calidade en Fitur. AXM

A firma Galipizza é a única cadea de restauración galega que ostenta a certificación da marca “Q”, que concede o Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE).

O acto de entrega tivo lugar en Madrid o pasado xoves, coincidindo coa celebración da Feira Internacional do Turismo (Fitur). O xerente de Galipizza, Xosé Manuel Vázquez, “Leman“, recibiu o diploma de recoñecemento.

O distintivo supón unha garantía de “prestixio, diferenciación, fiabilidade, rigurosidade e promoción” da Secretaría de Estado de Turismo e as Comunidades Autónomas.

AUDITORÍAS

A marca de garantía Q Calidade Turística require de cumprir con auditorías que aseguran que a prestación dos seus servizos é garantía de calidade, seguridade e profesionalidade.

As probas analizan todos os aspectos de xestión dos establecementos, desde as materia primas ao servizo final, pasando polas instalacións e a formación e profesionalidade do persoal.

1 COMMENT

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here