IniciosociedadeAlerta laranxa na Mariña Lucense este domingo, con ondas de cinco a...

Alerta laranxa na Mariña Lucense este domingo, con ondas de cinco a seis metros

Espérase mar combinada do noroeste e o aviso ficará activo desde as oito da mañá

Publicada o

- Advertisement -

Dirección Xeral de Emerxencias activou a alerta laranxa por un temporal costeiro que comezará a primeira hora deste domingo e que afectará á Mariña Lucense.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o nivel laranxa comezará a redor das 8.00 horas do domingo no litoral de Lugo. Espérase mar combinada do noroeste con ondas de cinco a seis metros.

Por iso, aconséllase a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras como medida preventiva naquelas zonas máis perigosas. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

Tamén os peiraos constitúen espazos de risco ante a alerta por fenómenos meteorolóxicos adversos.

PRECAUCIÓNS

Nestas contornas, débense evitar os percorridos polas instalacións portuarias, en especial en zonas de especial perigo como diques de abrigo, diques, escaleiras de acceso aos diques e peiraos, entre outros. Do mesmo xeito, débense evitar percorridos en vehículos preto dos peiraos, así como aparcar nos portos, na medida do posible.

É recomendable tamén non pasear preto dos bordos litorais, paseos marítimos e zonas próximas ao mar, sobre todo nas batidas polo vento. Tamén se recomenda non camiñar polas proximidades dos edificios portuarios, guindastres fixos ou outras edificacións que poidan sufrir desprendementos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...