A Deputación apoia con 15.000 euros o comercio local da Mariña

FCAM e goberno provincial asinaron un convenio de colaboración para promocionar as pequenas empresas da bisbarra

Santos e Paleo asinan o convenio. AXM

A Federación de Comercio da Mariña (FCAM) asinou un convenio coa Deputación Provincial de Lugo para a subvención de campañas promocionais do comercio de proximidade desta zona. 

Este convenio, que está dotado con 15.000 euros, ten como obxectivos principais a potenciación do comercio e da hostalería por medio de campañas promocionais, vallas publicitarias, difusión nos medios de comunicación e actividades formativas.

No acto participaron o presidente da FCAM, José Carlos Paleo, e o deputado da área de goberno interior e relacións Institucionais, Álvaro Santos.

Paleo asegurou que “a FCAM segue a traballar con todas as administracións para mellorar, promocionar e dar visibilidade ao comercio local de proximidade da Mariña”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here