Alerta amarela na Mariña este martes por ventos de máis de 80 qm/h

Activarase a primeira hora da mañá e Meteogalicia agarda tamén ondas de ata cinco metros

'Miguel' deixou ventos de 132 quilómetros por hora na Mariña. AXM

A Mariña Lucense ficará este martes en alerta amarela por refachos de vento superiores aos 80 quilómetros por hora e por ondas de catro a cinco metros de altura.

Segundo o boletín publicado por Meteogalicia, recollido por Europa Press, durante este martes formarase unha baixa de 980 milibares ao noroeste de Francia que aumentará a intensidade do vento e a altura das ondas.

Deste xeito, entre as 6.00 e as 12.00 horas deste martes, activarase o aviso amarelo.

MAR COMBINADA

No tocante ás ondas, o aviso amarelo permanecerá activo desde as 12.00 horas na bisbarra por mar combinada con ondas de catro a cinco metros. Podes ler a nova completa no Galicia Confidencial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here