(AMPLIACIÓN) A Xunta sube a laranxa a alerta polo vento na Mariña e aconsella suspender a pesca

Pola tarde agárdase mar combinada do noroeste con ondas de cinco a seis metros

A Xunta advertiu de ventos na Mariña que alcanzarán os 100 quilómetros por hora. AXM

A vicepresidencia da Xunta informou a través dun comunicado de que a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Amet) advirte de vento de noroeste na Mariña Lucense con refachos que poden alcanzar os 110 quilómetros por hora por mor da incidencia da borrasca Gabriel.

Así, a alerta amarela decretada o pasado luns para a mañá deste martes subirá a laranxa. O Goberno galego recomenda a necesidade de “extremar precaucións”.

O aviso laranxa ficará activo entre as 9.00 e as 12.00 horas, e pasará a amarelo ata as 15.00 horas.

MÁXIMOS

Ás 11.30 horas deste martes rexistrouse un refacho de vento de 109,4 quilómetros por hora en Viveiro. O máis forte de Galicia produciuse en Cedeira, con 120,3.

viveiro rexistrou, con 109,4 qM/H, o segundo refacho máis forte da mañá do martes en galicia

TEMPORAL COSTEIRO

No tocante á ondada, a alerta laranxa activarase desde as 15.00 horas deste martes, por mar combinada do noroeste con ondas de cinco a seis metros.

A Xunta aconsellou suspender as actividades pesqueiras e marisqueiras e tomar precaucións en instalacións portuarias, diques e zonas expostas ás ondas ante o risco de recibir un golpe de mar.

Do mesmo xeito, recomenda non pasear preto de zonas do litoral e expostas ao vento, ou de edificacións e estruturas arquitectónicas susceptibles de padecer desprendementos.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here